Preguntas frecuentes
→ Preciso ter experiencia previa?
Non. Este curso está pensado para persoas sen experiencia previa en xoiaría. Aprenderás desde cero, con acompañamento próximo en cada paso.
→ Que técnicas imos aprender?
Aprenderás corte con segueta, limado, texturizado, perforado, soldadura, pulido e montaxe de pezas. Practicarás con latón e aplicarás todo o aprendido nun proxecto final en prata.
→ Que tipo de pezas faremos?
Durante as sesións realizarás varias pezas en latón (como un colgante, un anel sinxelo e uns pendentes) e unha peza final en prata deseñada por ti.
→ Está incluído o material?
Si, todos os materiais están incluídos: latón para practicar e prata para a peza final. Tamén ferramentas, consumibles e material de protección.
→ Cantas persoas hai por grupo?
Os grupos son reducidos (máx. 6 persoas) para garantir unha experiencia próxima e personalizada.
→ Que teño que levar?
Só roupa cómoda e pechada, e algo para recoller o pelo se é longo. Se usas lentes, tráeas. Todo o demais está incluído.
→ Podo recuperar unha sesión se non podo asistir?
Non, as sesións non se poden recuperar nin reprogramar. O curso require continuidade, así que recomendámosche reservar só se podes asistir ás 4 datas.
→ É posible regalar este curso?
Si! Podes agasallar unha praza a través da nosa tarxeta regalo, dispoñible en formato dixital ou físico (para recoller no taller).