Curso de iniciación á xoiaría en metal
Duración: 4 sesións de 2,5 horas – 10 horas en total
Material principal: Latón (proxecto final en prata)
Nivel: Iniciación – non se require experiencia previa
Este curso está pensado para persoas que queiran dar os seus primeiros pasos no mundo da xoiaría artesanal. Ao longo de catro sesións prácticas aprenderás as técnicas básicas para traballar o metal, explorando as ferramentas, materiais e procesos máis comúns no obradoiro.
Traballaremos principalmente con latón, un material asequible e ideal para iniciarse. A través de exercicios guiados irás adquirindo soltura co segueteado, limado, texturizado, perforado, soldadura e pulido. Con estas técnicas crearás pequenas pezas como un colgante, un anel sinxelo e uns pendentes.
Na última sesión, aplicarás todo o aprendido para realizar unha peza final en prata, que poderás deseñar ao teu gusto dentro dun marco técnico sinxelo.
O curso celébrase en grupos reducidos para poder acompañar de preto a cada alumna. Non é preciso ter experiencia previa, só ganas de crear coas túas mans e descubrir o mundo da xoiaría desde dentro.
MATERIAIS E FERRAMENTAS INCLUÍDAS NO PREZO:
Latón e prata para as pezas do curso
Ferramentas básicas para traballar o metal (seguetas, limas, martelos, punzóns…)
Produtos para soldar e acabado
Material de protección (óculos, luvas, mandril)
Documentación con guías e consellos para continuar en casa

Preguntas frecuentes
→ Preciso ter experiencia previa?
Non. Este curso está pensado para persoas sen experiencia previa en xoiaría. Aprenderás desde cero, con acompañamento próximo en cada paso.
→ Que técnicas imos aprender?
Aprenderás corte con segueta, limado, texturizado, perforado, soldadura, pulido e montaxe de pezas. Practicarás con latón e aplicarás todo o aprendido nun proxecto final en prata.
→ Que tipo de pezas faremos?
Durante as sesións realizarás varias pezas en latón (como un colgante, un anel sinxelo e uns pendentes) e unha peza final en prata deseñada por ti.
→ Está incluído o material?
Si, todos os materiais están incluídos: latón para practicar e prata para a peza final. Tamén ferramentas, consumibles e material de protección.
→ Cantas persoas hai por grupo?
Os grupos son reducidos (máx. 6 persoas) para garantir unha experiencia próxima e personalizada.
→ Que teño que levar?
Só roupa cómoda e pechada, e algo para recoller o pelo se é longo. Se usas lentes, tráeas. Todo o demais está incluído.
→ Podo recuperar unha sesión se non podo asistir?
Non, as sesións non se poden recuperar nin reprogramar. O curso require continuidade, así que recomendámosche reservar só se podes asistir ás 4 datas.
→ É posible regalar este curso?
Si! Podes agasallar unha praza a través da nosa tarxeta regalo, dispoñible en formato dixital ou físico (para recoller no taller).