Aluga o noso espazo
Se es formadora, artista ou tes un proxecto creativo e estás a buscar un lugar acolledor onde dar clase, en El Petiso abrimos as portas do noso obradoiro.
Un taller equipado e con encanto
Podes dispoñer dun espazo funcional e tranquilo no corazón de Monte Alto (A Coruña), con capacidade para 6 persoas, office e baño propio.
É ideal para cursos, obradoiros ou encontros pequenos, nun ambiente coidado e funcional.
-
Ofrecemos opcións flexibles para que poidas organizar as túas actividades como mellor se adapten a ti:
Obradoiro puntual (mañá ou tarde): 35 €
Xornada completa: 60 €
Fin de semana completo: 100 €
Bono 2 días ao mes: 100 €
Bono 4 días ao mes: 180 €
IVE incluído. Os bonos son válidos durante 30 días.
-
6 postos de traballo con bancos e iluminación
Office con cafeteira e neveira
Baño propio
Apoio na difusión da túa actividade
Posibilidade de deixar material durante o día ou o mes (segundo modalidade)
Posibilidade de uso puntual de ferramentas básicas (consultar)
-
Reserva previa mínima de 7 días
Horarios flexibles segundo dispoñibilidade
Dirixido a persoas autónomas, formadoras ou proxectos afíns
É posible deixar material ata o día seguinte en usos de máis dun díaNon se inclúe atención ao público nin xestión de inscricións